Comarcas

Nigrán trae este venres ao Mago Teto e organiza o día 7 ‘Flota Como Poidas’

cartel tolemaxiasO Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, trae este venres, día 22  ás 9 da noite, xunto a escola de vela de Praia América a actuación do Mago Teto, que presentará o espectáculo “As novas Tolemaxias” .

Este Enxeñeiro Químico, convertido a mago, é hoxe en día un dos máis populares e relevantes do panorama galego. Finalmente, non se celebrará o monólogo de humor previsto tamén o venres ás 21.30 horas no Torreiro de Chandebrito.

Asimesmo, o Concello asume este ano a organización da xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota Como Poidas”, que terá lugar o domingo 7 de agosto ás 7 da tarde, na ponte de Ramallosa no Río Miñor.

Os interesados teñen ata o día 4 para inscribirse, ben na oficina de información do Concello de Nigrán en horario de 9,00 a 14,00 horas ou no teléfono 986365000. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 18.30 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

O Concello premirará o artefacto flotante máis traballado e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

También te puede interesar