Comarcas

Redondela ensina ás rapazas e rapaces a previr o cancro de pel protexéndose no verán

_DSC9735A Concellería de Muller e Igualdade de Redondela, dirixida por Teresa París, incluiu nesta edición do ‘Programa de Concicliación Verán con Simona’ unha Campaña orientada á prevención do Cancro de pel onde se lles trasladou aos nenos a importancia que ten protexerse do sol.

Os danos producidos polo sol son maiores a idades tempranas e os efectos acumúlanse na pel manifestándose anos máis tarde as consecuencias.

A actividade consitiu no reparto de gorras obsequio do concello e un folleto explicativo das recomendación básicas que se deben teer para evitar riscos pola exposición solar.

Entre as explicacións aportadas aos nenos se lles recomendou evitar a exposición directa ao sol nas horas centrais do día e o uso da indumentaria adecuada e gafas de sol que absorvan a protección da radioación ultravioleta.

Un dos aspectos onde se fixo máis fincapé foi no uso dun protector adecuado e na forma correcta de aplicalo.

También te puede interesar