O goberno de Nigrán levará ao pleno do próximo xoves 28 de xullo unha moción na que propón a exención do 90% do Imposto de Bens Inmobles, a máxima rebaixa permitida por lei, aos locais de entidades nos que se desenvolven actividades económicas de especial interese cultural e utilidade municipal.
Estas circunstancias culturais se considerarán así se o suxeito pasivo está inscrito no rexistro de asociacións do municipio e ao mesmo tempo o inmoble en cuestión sexa de acceso público e estea a disposición do Concello e outros colectivos culturais.
Esta modificación do tributo, que se adaptaría sen problema a ordenanza municipal e a normativa existente, beneficiaría á asociación O Torreiro de Priegue e o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca (Parada), as únicas dúas entidades deste tipo que actualmente pagan IBI en Nigrán, xa que o resto están exentas por ser locales de titularidade municipal ou de comunidades de montes. Esta iniciativa suporía para eles un aforro de preto de 1.300 euros ao ano.