É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVigo en Festas trae este luns, día, 25, ao mito do rock Steve Vai
O xenial guitarrista Steve Vai fai este luns, día 25, no Auditorio Mar de Vigo (21:00 h.) a súa única a súa única parada en Galicia. Con 30 anos de carreira, 16 millóns de discos vendidos, tres premios Grammy, Vai tocou con mitos do rock coma Jeff Beck, Joe Satriani, David Lee Roth, Ozzy Osbourne, Brian May, Ry Cooder ou Al Di Meola entre outros muchos.
O nome de Steve Vai aparece en calquera lista dos mellores guitarristas da historia do rock, a súa obra abrangue máis de sesenta traballos, 16 discos so, grabacións en vivo, e colaboracións con bandas coma Dream Theater, Whitesnake, ou Motorhead.
Neste anoss, decidiu iniciar unha xira para lembrar os 25 anos de un dos seus discos máis coñecidos, “Passion and Warfare”, reconocido coma un dos máis grandes do rock de todos os tempos.
Vai interpretará todo este álbum e engadirá varias sorpresas nunha xira que vai pasar por Franza, Bélxica, Polonia, Reino Unido, Alemaña Holanda ou Suecia antes de volver aos Estados Unidos.