É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másFalece unha muller tras ser atropelada en Santa Comba
Unha muller falecía a última hora deste domingo tras ser atropelada por un turismo en Freixeiro, na estrada que une Santa Comba con Santiago de Compostela. O golpe produciulle lesións moi graves das que finalmente non se puido recuperar.
Tras o impacto a muller quedou inconsciente, pero os servicios sanitarios de Urxencias Médicas desprazados ata a zona confirmaban a morte da vítima minutos despois.
Por outro lado, un turismo envorcaba en Foz e deixaba ás catro persoas que viaxaban no seu interior feridas de diversa consideración. Unha delas precisou a axuda dos servizos de emerxencias para poder saír do vehículo. Segundo os Bombeiros de Barreiros, tiveron que romper un cristal para sacalo.