Amnistía Internacional denuncia torturas, violacións e desaparicións dos detidos tras o golpe de Estado fallido en Turquía

Golpe-de-Estado-en-Turquía-Foto

Amnistía Internacional denuncia que as persoas detidas pola súa suposta participación no intento de golpe de Estado en Turquía o pasado 15 de xullo están sendo sometidas a detencións arbitrarias, torturas, violacións  e que incluso están desaparecendo.

Polo momento xa foron detidas máis de 10.000 persoas incluso antes de que Erdogan publicara en pleno estado de emerxencia un decreto que amplía a 30 días o período máximo de detención provisional sen necesidade de presentar cargos de calquera sospeitoso.

Nun informe elaborado a través dos testemuños de diferentes detidos, a organización asegura que a Policía turca mantén aos retidos en posicións incómodas e lles nega a comida, a auga e o tratamento médico. Ademais, denuncia que son insultados, ameazados, golpeados e torturados con prácticas que supoñen violacións e agresións sexuais.

Non todos os retidos permanecen en prisións e comisarías, senón que tamén son levados a lugares como ximnasios ou mesmo establos, sen posibilidade de ver aos seus avogados ou aos seus familiares. Ademais, comparecen ante os tribunais non de xeito individual, senón en grupos de 20 ou 25 persoas, moitos con hematomas, cortes, fracturas e manchas de sangue.

También te puede interesar