Cultura

O Concello de Nigrán abre o prazo para a contratación dun técnico en Normalización Lingüística

En-galego-con-todas-as-letrasO Concello de Nigrán, a través dunha subvención de 7.440 € da Deputación de Pontevedra, contará por vez primeira na súa historia cun departamento de Normalización Lingüística para facer do galego un vehículo de comunicación común no consistorio.

Así, a súa incorporación permitirá traducir e normalizar todas as instancias, formularios e documentación que se xera dende o consistorio co fin de asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. “Como entidade pública temos un compromiso total coa promoción e uso correcto e xeral do galego nas nosas comunicacións para reforzar a nosa lingua propia, por iso é moi imporante para nos este servizo que nos comprometeramos a crear”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

O Concello creará un posto laboral temporal de técnico de normalización lingüística que desenvolverá tarefas de asesorarmento en todo o relacionado coa política lingüística, mellorando a nosa calidade comunicativa, planificando, xestionando, executando e avaliando accións a prol da lingüa galega e facendo un seguimento do cumprimento da lexislación vixente nesta materia, para velar así polos dereitos lingüísticos da cidadanía.

O prazo de presentación de solicitudes a través do Rexistro Municipal comeza este martes 26 de xullo e finaliza o 3 de agosto. A duración do contrato é de 12 meses cunha xornada de 16,5 horas semanais. As titulacións válidas son licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica, grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega. Tódalas bases e información estarán a disposición dos interesados no Departamento de Deselvolmenento Local, na páxina web do Concello ou no Departamento de Información.

También te puede interesar