Deportes

Sergio González continuará como adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal na súa primeira tempada na Liga EBA

sergio gonzalez baloncesto

Sergio González será o adestrador que dirixirá ao equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia na súa primeira tempada nesta categoría tras o ascenso da pasada campaña.

Sergio González, director deportivo do club desde a tempada 2007/2008 e adestrador dende o 2003, compartirá nesta nova tempada a súa labor de xestión deportiva da entidade con maior número de licenzas da comunidade galega coa dirección do equipo de Liga EBA.

Como adestrador de combinados sénior estreouse na tempada 2012/2103 en categoría Segunda División, conseguindo na súa primeira tempada en categoría sénior o ascenso a Primeira División. Nas tres tempadas seguintes dirixiu ao equipo na Primeira División conseguindo os dous Ascensos a Liga EBA que se lograron no Seis do Nadal nas tempadas 2013/2014 e 2015/2016.

Sergio González tamén adestrou no Seis do Nadal, tempada tras tempada, equipos de tódalas categorías desde benxamín ata júnior. Na tempada 2009/2010 conseguiu clasificarse para o Campionato de Epaña de Clubs Infantil Masculino celebrado en Vegadeo, converténdose na primeira vez que un equipo da entidade conseguía a clasificación para un Campionato de España. Na temapda 2013/2014 conseguiría clasificarse novamente para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebrou en Cambados.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia apostou desde un primeiro momento pola continuidade de Sergio González como o adestrador do equipo nesta nova categoría despois do traballo realizado e de todo o demostrado nos últimos anos.

You may also like