Comarcas Destacados

Máis de 450.000 euros para melloras en Salceda, O Porriño, Mondariz-Balneario e Oia

mondariz balneario plaza abastos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova partida de axudas de máis de 450.000 euros para diferentes proxectos de mellora nos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Mondariz-Balneario e Santa María de Oia.

Así, a institución provincial dará unha axuda de preto de 200.000 euros ao concello de Salceda para a elaboración dun proxecto de humanización das rúas Compostela, A Coruña e parte de Rafael Tilve Adrio dentro da liña 1 do Plan Concellos 2016.

Pola súa banda, O Porriño recibirá 116.000 euros que serán destinados ao acondicionamento dun local como futura sede do arquivo municipal da vila. Tamén para melloras en inmobles será a partida de 85.000 euros asignada a Mondariz-Balneario para o proxecto de rehabilitación da praza de abastos da vila, unha axuda coa que se completa o orzamento de máis de 285.000 euros do Plan Concellos destinado a este municipio.

Por último, a Deputación aprobou tamén unha achega de máis de 46.000 euros para traballos de saneamentos en Pedornes e de abastecementos en Oia.

Te podría interesar