A Central Intersindical Galega (CIG) indica, en relación cos datos do paro coñecidos este martes, que o descenso do desemprego é habitual cada mes de xullo ao coincidir coa maior etapa de contratación do período estival.
A CIG engade que, de feito, rexistráronse 99.487 contratos, dos que o 80% foron nalgunha actividade relacionada co sector servizos e subliña que o 94% foi baixo algunha modalidade de contratación temporal.
A central alerta de que tamén baixou o número de parados con dereito a algunha prestación, xa que “no último mes tan só o 46% percibe algunha axuda por desemprego e destes, unicamente o 38% ingresa a prestación contributiva”.