Vigo al minuto

O Concello asina a licenza para a ampliación do CEIP Castelao de Navia

CEIP-CastelaoFoto:vigoalminuto.com/Segundo adiantou este mérores o alcalde, a Consellería de Educación recibirá hoxe a comunicación favorable á súa solicitude que foi resolta, segundo declarou, “coa maior celeridade” xa que a petición foi recibida o 29 de xullo e aprobada o 3 de agosto. Con todo, Abel Caballero urxe ao Goberno de Galicia a que inicie as obras de forma inmediata e que as acometa de corrido e non por fases.

A Concellería de Urbanismo vén de asinar a licenza para o proxecto de ampliación do CEIP Castelao de Navia, tal e como informou o alcalde esta mañá en rolda de prensa sinalando que se “resolveu coa maior celeridade” xa que a solicitude foi recibida o 29 de xullo e foi autorizada o 3 de agosto, de xeito que hoxe mesmo a Consellería de Educación terá a comunicación.

O alcalde engadiu que “non é de recibo que queiran facer unha obra de envergadura menor en tres anos” cando pode facerse, dixo, en catro ou cinco meses, sendo compatible coas clases. Así mesmo, puxo de manifesto a necesidade da obra que está ocasionado custos e incomodidades ás familias que deben levar ao alumnado a colexios máis afastados.

También te puede interesar