Destacados Vigo al minuto

Ovellas na ETEA para denunciar a súa falta de mantemento

ETEA (1)

A Asociación Veciñal de Teis continúa na súa loita para denunciar o abandono dos terreos da ETEA, nesta ocasión na praza de Armas das instalacións este mércores 17 de agosto (11.00 h).

Os veciños contarán coa presenza simbólica dunhas ovellas para denunciar a falta de mantemento dos terreos, “tanto por parte do Concello como da Xunta de Galicia”, xa que “o mal estado destes terreos serve para que os animais poidan pastar”.

Neste acto reivindicativo tamén se colocarán letreiros en diferentes lugares da ETEA para indicar a qué administración pública pertencen e o mal estado dos mesmos.

Desde o mes de xuño a asociación desenvolve unha campaña de denuncia do mal estado dos terreos e a falta de dotacións, xa que, aseguran, non hai papeleiras no paseo marítimo, non hai baños, a falta de mantemento do parque público e a intención do goberno municipal de cubrir a piscina.

También te puede interesar