Comarcas

@depo_es achega 27.000 euros a Tomiño para arranxos no vial

tomiño concello

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a achega de case 28.000 euros ao concello de Tomiño para a pavimentación do viario municipal TOM-036, no núcleo do Seixo.

Esta nova dotación do Plan Concellos engádese ás anteriores concedidas polo Goberno provincial. Concretamente, 840.000 euros en liña 1 para un saneamento en Carregal de Abaixo, o saneamento nos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val, así coma a conexión coa fase IV do saneamento na vila, a adquisición dun vehículo para o servizo de Medio Rural, a reforma e mellora da accesibilidade no Salón de Plenos do Concello, a reforma do patio interior da Escola Infantil municipal, a construción dunha pista de atletismo na área deportiva de Mosteiro e o acondicionamento da zona verde do espazo “O Regatiño”. Ademais, en liña 4, foron destinados máis de 219.000 euros á contratación de 25 traballadoras e traballadores nos servizos municipais do concello.

A Deputación provincial xa entregou ata o momento o 87,9% dos presupostos destinados a Tomiño ao abeiro do Plan Concellos 2016, acadando un total de 1,08 millóns de euros investidos.

También te puede interesar