É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Concello pedirá á Xunta que se revise o sistema de adscrición aos centros de secundaria
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este venres con representantes de Foanpas e da Anpa do CEIP Balaídos para abordar os problemas que están xurdindo co cambio do alumnado desde este centro de ensinanza primaria aos centros de secundaria.
Os representantes do CEIP Balaídos explicaron que ata agora a adscrición dos centros facíase aplicando criterios de proximidade ás escolas de primaria que, no caso do CEIP de Balaídos supoñía cursar secundaria no Alexandre Bóveda, un centro que tamén lle correspondía ao alumnado do CEIP Castelao de Navia.
Sen embargo, a Consellería de Educación comunicoulles, segundo aseguraron, se enviará “aos nenos e nenas destes dous centros a lugares moi afastados da súa residencia como Valadares ou Beade”.
Recordaron que esta medida tería efectos negativos como o tempo que debe pasar o alumnado viaxando no autobús, polo que dende o Concello considérase que se debe aplicar o criterio da racionalidade para adscribilos a un centro de ensino secundario próximo.
O Concello propondralle á Xunta realizar un estudo conxunto do sistema de ubicación do estudantado dos centros públicos de ESO en toda a cidade como máximo ata febreiro, mes no que os nenos e nenas deben solicitar a súa praza no ensino secundario.