Galicia

A CIG reclama a reformulación “radical” dos servicios de extinción de incendios para evitar a vaga de lumes

cig vaga lumes

A CIG, respaldado por representantes de Seaga, SPDCIF, brigadas dos concellos e bombeiros, ven de denunciar a “desorganización” dos servizos de extinción de incendios forestais, unha situación que “se fixo máis evidente” durante esta vaga de lumes.

O sindicato culpa do sucedido ás políticas para o medio rural e ao modelo de xestión dos efectivos de prevención e extinción de incendios da Xunta, polo que esixen a súa “reformulación radical” coa unificación do servizo nun só ente público xunto con políticas de recuperación do medio rural.

Para a CIG o actual servizo está caracterizado pola “fragmentación” do dispositivo de extinción “nun sinfín de entes” públicos e privados, pola precarización “absoluta” dos traballadores, pola “desorganización” e pola negativa á creación da categoría de bombeiro profesional.

Tamén apuntan ao abandono do rural como unha das causas dos incendios e do achegamento do lume ás casas pola “falta de limpeza do perímetro dos núcleos de poboación, polo avellentamento ou abandono dos seus habitantes, pola falta de aproveitamento dos montes e dunha planificación forestal autonómica e a proliferación de especies de crecemento rápido.

Por estes motivos esixen que se unifique o servizo nun so ente de carácter público, galego e profesional, cun tempo mínimo de traballo garantido e con condicións laborais dignas; a expulsión das empresas privadas que convertan o lume “nun negocio” e a unificación con carácter público dos parques comarcais e bombeiros urbanos.

Os responsábeis sindicais sinalaron que unha vez máis o lume volve ser o gran protagonista do verán en Galicia, deixando un “enorme dano ambiental e económico” e xerando perigo para a poboación. Pero, aínda que “resulta evidente a intencionalidade dos incendios e da necesidade de aplicar severos castigos a quen prende lume de forma intencional”, non hay “ningunha proba seria dunha trama organizada” para plantar lume como sinalan dende a Xunta.

También te puede interesar