O 90% do Casco Vello estará completamente remodelado ao rematar este ano. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde quen presentou o proxecto de renovación do alumeado e os servizo públicos e o impulso dun plan de ornamentación no barrio no que investiranse 1.146.000 € con cargo aos fondos do Plan E.
Santiago Domínguez explicou que o proxecto continúa a actuación iniciada nas rúas xa remodeladas, de xeito que se empregará o mesmo sistema e as mesmas farolas. “Teñen parámetros de eficiencia moi superiores aos que marca o regulamento, mentres que os dos actuais son moi inferiores”, indicou. Neste sentido salientou que a substitución das luminarias supón un aforro enerxético do 55% en cada punto de luz. No tocante á eficiencia, comentou que é dun 78%, fronte ao 38% das antigas.
O tenente de alcalde salientou que estes datos permiten utilizar lámpadas de menor consumo, as lámpadas utilizadas ata o momento teñen unha potencia de 150 watios e un custo anual de 79 €, pola contra, as novas, de 79 watios, teñen un custo de 39,94 € ao ano.
No tocante ao plan de ornamentación, Domínguez indicou que se crearán zonas axardinadas no mediante o deseño singularizado para cada espazo concreto de actuación. Segundo o tenente de alcalde, unha vez que xa están executadas as actuacións prioritarias.
O nacionalista sinalou que o proxecto inclúe a actuación nun total de catorce rúas, entre as que se atopan a rúa Real, Alta, Palma, as catro travesías de Teófilo Llorente, Triunfo e as prazas de Santiago e Conquistadores. Na rúa Méndez Núñez e Fermín Penzol, que foi arranxada o ano pasado, faraes só actuación de ornato. Fóra do núcleo do Casco Vello traballarase no Paseo de Álvarez Blázquez. Esta actuación ten por obxectivo complementar a actuación desenvolvida no xacemento de O Castro mediante a construción de beirarrúas.
As melloras de abastecemento e pavimento desenvolveranse nas no tramo final da Real, rúa Alta, Baixada a Pedra e na Praza de Conquistadores, que une a Praza da Pedra co Centro Comercial de A Laxe. “Con estas actuacións e as xa presentadas para a Colexiata e o seu contorno podemos dicir que ao remate do 2010 teremos actuado practicamente no 90% do Casco Vello da nosa cidade”.