É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEntrega dos diplomas aos participantes en ‘Depoemprega2015’,este luns na @depo_es
A Deputada de Emprego, Montse Magallanes, entregará este luns 29 de agosto diplomas a 30 persoas participantes no programa de emprego “Depoemprega 2015”. Estas 30 persoas recibirán así un recoñecemento polas prácticas profesionais que levaron a cabo ao abeiro dos cursos ofertados por este programa de emprego.
A iniciativa DepoEmprega 2015 foi un programa integrado de emprego que desenvolve a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta. Esta iniciativa, cunha duración de 12 meses (de setembro de 2015 ata agosto de 2016) estivo dirixida á mellora da ocupación e a inserción laborais das persoas traballadoras en situación de desemprego nos concellos de Bueu, Cangas, A Estrada, O Grove, Ponteareas, Tui e Vilagarcía de Arousa.
DepoEmprega 2015 combinou accións de intermediación laboral con outras de diferente natureza, como a formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching e motivación para a busca de emprego (por conta propia e allea), fomento da capacidade emprendedora, mobilidade laboral, prospección empresarial… En definitiva, todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoal demandantes de emprego incluídas no programa.
A iniciativa tivo como beneficiarias a 110 persoas durante os seus 12 meses de vida. Estas persoas, todas elas desempregadas, debían cumprir cando menos un dos seguintes requisitos: ter algunha discapacidade, ser menor de 30 anos e cunha baixa cualificación, ser perceptora de prestacións, recibir algún subsidio por desemprego ou renda activa de inserción, ser beneficiaria do programa de recualificación profesional ou ser muller ou persoa desempregada de longa duración.