A Xunta de Galicia investirá en Mondariz algo máis de 60.000 euros co obxectivo de mellorar as sendas do río Tea e Xabriña. Así se establece no convenio de colaboración asinado pola titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Xoán Carlos Montes.
O obxectivo desta actuación é mellorar estas infraestruturas, que quedaron deterioradas logo das riadas producidas este ano. Estes traballos redundarán nunha mellora das condicións de vida da veciñanza, ao aumentar e mellorar a accesibilidade aos ríos.
O organismo autonómico Augas de Galicia encargarase de contratar e executar as obras, así como de controlar a calidade e seguridade das mesmas.