A Deputación de Pontevedra outorgará case 100.000 euros aos concellos de Ponte Caldelas e As Neves para diferentes proxectos nestes dous concellos.
Por un lado, acaba de aprobar sete novos investimentos no concello de Ponte Caldelas para actuacións incluídas na liña 1 do Plan Concellos 2016, dedicada a investimentos, por case 70.000 euros. Son proxectos para o aforro enerxético no lugar de Cuñas, ao que se destinan 3.647 euros, e no paseo Manuel Cordo Boullosa, con outros 3.527 euros; para o subministro dunha columna para un punto de luz no paseo da Calzada (828 euros); para a reforma enerxética na zona da Calzada, nas súas ponte e xardíns (4.213 euros); para un investimento en mobiliario (3.163 euros); para o subministro dun taboleiro de anuncios (34.103 euros) e dunha secadora para o pavillón municipal (400 euros) e para a mellora de infraestruturas municipais en Vilarchán, Parada, A Insúa e Chaín, cun importe de 20.000 euros.
Ademais, a institución provincial acaba de aprobar tamén unha nova axuda para o concello de As Neves. Será unha achega de case 29.000 euros cos que se financiarán a reparación da estrada de Penlas, afectada a consecuencia das chuvias torrenciais producidas o pasado mes de febreiro. Esta axuda correspóndese á liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.