É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másPersoal de Clece chega a un acordo coa dirección sobre os traslados forzosos de empregados a outros centros
O cadro de persoal de Clece, contrata da limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, chegou este martes a un acordo coa dirección da empresa sobre os empregados que foron trasladados forzosamente a outros centros de traballo.
O comité decidiu desconvocar a segunda xornada de folga prevista para o pasado sábado para facilitar as negociacións coa compañía coa mediación da Inspección de Traballo.
A primeira hora da tarde empresa e traballadores chegaban a un acordo despois de que a dirección se comprometese a solucionar a problemática derivada dos traslados forzosos de empregados a outros centros de traballo.
Deste xeito, os dous traballadores desprazados ao Grove poderán regresar a Citroën e desenvolverán o seu labor as fins de semana e tres días entre o luns e o venres. En canto aos outros dous que foron trasladados aos Xulgados e ao Porto de Vigo, poderán volver á fábrica de automoción xa que hai voluntarios para substituílos. Ademais, pactouse o establecemento dun plus de 130 euros para aqueles empregados que foron desprazados a centros de traballo da cidade de Pontevedra.
Finalmente, os que foron obrigados de xeito unilateral a traballar na quenda de fin de semana terán un día máis de descanso entre o luns e o venres ou ben poderán cambiarse para a quenda de mañá e pasarán a traballar só durante a semana.