Galicia

Máis de 3.250 hectáreas queimadas nos seis incendios activos en Galicia

Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

Noite de moito traballo para os servicios de extinción de incendios en Galicia, que neste momento están traballando para sofocar os seis lumes que permanecen activos na provincia de Ourense e que xa deixaron, polo momento, máis de 3.250 hectáreas de terreo arrasadas.

Por un lado segue declarada a situación 2 de alerta como medida preventiva no incendio do concello de Oímbra pola proximidade aos núcleos de Espiño e Bousés. Este lume iniciouse ás 14:05 horas deste martes e, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie dunhas 1.500 hectáreas. Nos labores de extinción levan participado 2 técnicos, 14 axentes, 29 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), medios da Deputación de Ourense, bombeiros municipais e efectivos de Protección Civil.

Tamén segue activo o lume rexistrado no concello de Muíños que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 800 hectáreas, todas elas dentro do Parque Natural do Xurés. No seu control levan traballado 2 técnicos, 6 axentes, 31 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 7 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Activos tamén un incendio en Boborás, que leva quemadas 500 hectáreas; outro no concello de Lobios, con outras 400 hectáreas incendiadas; e un máis en Lobeira, cunha superficie de 50 hectáreas afectadas.

Por outra banda, segue controlado o incendio rexistrado na localidade lucense de Chantada, na parroquia de Requeixo, que afecta a unhas 106,44 hectáreas, das cales 49,14 son arboradas e 57,3 rasas. Levan traballando na súa extinción 1 técnico, 9 axentes, 41 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións.

También te puede interesar