Ciencia y Tecnología Destacados

46 estudantes de formación profesional formaranse no estranxeito coa @depo_es

traballando

A Deputación de Pontevedra aprobará este venres a adxudicación de 46 bolsas de mobilidade do proxecto ‘Practicum Depo 2015’, enmarcado no programa europeo Erasmus+. Beneficiaranse desta iniciativa 46 estudantes de formación profesional, que deste xeito pasarán seis meses facendo prácticas formativas en Italia, Reino Unido e Irlanda.

Trátase da terceira e última quenda de alumnado que participa neste programa, do que xa gozaron 41 mozos e mozas da provincia nunha primeira quenda, e na segunda quenda, outros 26 están aínda agora coa súa estadía que remata o próximo mes de novembro. Nesta terceira quenda hai outros 10 mozos e mozas, que xa comezaron esta semana coas súas bolsas en Irlanda.

Os 46 mozos e mozas que van gozar destas bolsas son estudantes de formación profesional de doce especialidades distintas: Produción Agroecolóxica, Administración e Xestión, Soldadura e Calderería, Farmacia e Parafarmacia, Preimpresión Dixital, Aproveitamento e conservación do medio natural, Atención a persoas en situación de dependencia, Actividades Físico-Deportivas no medio natural, Instalacións Frigoríficas e Climatización, Instalación de Telecomunicacións, Electromecánica de Automóbiles e Procedemento de xoiería artística.

Todos e todas comezarán coas súas estadías a principios do vindeiro mes de outubro: 29 estarán en Italia, 16 no Reino Unido e 1 en Irlanda. Na maioría dos casos esgotarán a duración máxima das prácticas, que é de seis meses e medio, e polo tanto volverán en abril de 2017.

O alumnado que participa neste proxecto recibe unha axuda para os gastos de viaxe, que varía en función do destino, pero que en todos estas bolsas é de 275 euros, así como unha axuda de apoio individual para gastos de aloxamento, manutención e transporte local, que van dende os 7.934 ata os 9.602 euros, en función do período de estancia e do lugar de destino.

También te puede interesar