Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másA @depo_es achega case 1,3 millóns de euros a 5 municipios
A Deputación de Pontevedra aprobará este venres novas axudas para cinco concellos da provincia, cuns investimentos de case 1,3 millóns de euros. Os municipios que percibirán os importes aprobados son Gondomar, Marín, Ponteareas, Ponte Caldelas e Vilagarcía de Arousa.
Trátase de contías incluídas na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016. No que vai de ano, o Plan Concellos dentro da súa liña 1 leva investidos case 23,5 millóns de euros nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 85,2%.
Investimentos
A través desta nova quenda de axudas Gondomar recibirá 140.626 euros para o acondicionamento do parque da Coelleira, Marín beneficiarase de 110.699 euros para a reposición de pavimentos en camiños do rural, Ponteareas recibirá 199.000 euros para obras de humanización no Paseo Matutino, en Ponte Caldelas investiranse 70.000 euros para o subministro de maquinaria municipal e en Vilagarcía de Arousa aprobáronse dous investimentos, un de 701.480 euros para a construción dunha escola infantil en Vilaxoán e outro de 60.000 € que se vai destinar ás instalacións deportivas de Carril.