Cultura

O Concello de Redondela fará unha reforma integral da Praza de Abatos de Chapela

prazaO goberno local de Redondela  solicitou nas pasadas semanas unha subvención ao Goberno de Galicia para levar a cabo unha reforma integral do interior da Praza de Abastos de Chapela, que abranguirá tanto as condicións da praza, os baños e a ventilación do edificio.

Segundo informa o concelleiro de Mercados, con esta obra vaise renovar o chan instalando un pavimento en resina antideslizante  que mellorará as condicións de salubridade xa que será de fácil limpeza e cumprindo as actuais exixencias técnico-sanitarias. Incluese tamén unha actuación no falso teito coa súa sustitución.

Jesús Crespo engade que aproveitarase a obra para a sustitución da rede de saneamento interior do mercado na zona de pescadería para evitar atascamentos aumentando o diámetro da rede. Asimesmo, dotarase de ventilación xa que na actualidade carece dela e incorporaranse luminarias de tecnoloxía led que melloren a iluminación do xénero exposto e os postos modernizaranse con nova sinaléctica identificando o xénero de venta en cada un deles.

“Con esta actuación preténdemos lograr unha renovación interior total desta Praza de Abastos unha vez levada a cabo fai uns meses a obra de renovación de todo o tellado.”

También te puede interesar