Galicia

O bispo reúnese coa delegada da Xunta en Vigo para estreitar as relacións institucionais

ObispoA delegada territorial da Xunta recibiu hoxe ao novo bispo da Diócese de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza nun encontro institucional solicitado polo propio bispo á responsable do Goberno galego na cidade tras tomar posesión do seu novo cargo.

Lucía Molares e monseñor Quinteiro Fiuza estiveron reunidos por espazo dunha hora nun encontro que ambos os dous calificaron de “cordial” e que supuso así un primeiro encontro oficial da Xunta de Galicia co que xa é o novo bispo da Diócese de Tui-Vigo.

Lucía Molares destacou a calidade humana do novo bispo ademais do interese que amosou por manter unha boa relación institucional tanto coa Administración galega coma co resto de institucións, asociacións e colectivos da cidade viguesa. Molares resaltou tamén o bo coñecemento que monseñor Quinteiro Fiuza ten da cidade e da súa realidade diaria para conquerir así a unha mellor relación institucional con todos os sectores estratéxicos de Vigo.

También te puede interesar