Galicia

Persoal antiincendios maniféstase en Compostela contra a “xestión desastrosa” do goberno Feijóo na extinción do lume

incendioPersoal de Servizos Agrarios Galegos (Seaga,), sairá en manifestación este luns, polas rúas de Compostela para chega ata a sede da Xunta diante da cal denunciarán  condicións de “precariedade e a pésima política” do Goberno de Galicia en prevención e extinción de incendios.

Os traballadores teñen intención de empezar unha acampada diante do edificio da administración galega, en San Caetano, para que a cidadanía vexa que “os operativos da Xunta son un desastre e que no caso de incendio poden estar no monte ata once entes diferentes”, dende os da Xunta, os concellos, os membros de Tragsa, Natutecnia, Bombeiros, Protección Civil, Servizos de Emerxencias ou Grumir, entre outros.

A marxe desto, denunciarán as “condicións de absoluta precariedade” dos traballadores, con contratos fixo-discontinuos que non duran máis de 3 meses e que non lles permite nin ter dereito a subsidios ou ás axudas familiares de 400 €.

 

También te puede interesar