Un home duns 80 anos morreu este venres pola noite en Salvaterra cando estaba facendo un desbroce nun monte do lugar de Salcide, xunto con outros veciños.
Ainda que un primeiro momento semellaba que o home recibirá o golpe dunha árbore, o feito e que o equipo médico, que chegou axiña ao lugar, apenas atopou golpes no corpo polo cal haberá que agardar ao resultado da autopsia.
Asimesmo, achegáronse ata a zona axentes da Garda Civil, non sendo necesaria a apresenza dos Bombeiros, dado que o accidente foi unn lugar de fácil acceso e o corpo estaba liberado.