Vigo al minuto

Logo das Eleccións galegas, Vigo queda coma a ‘aldea de Astérix’ da esquerda fronte ao PP

vigoA cidade é a única das sete grandes do país na que os votos das alternativas de esquerda aventaxan con claridade ao Partido Popular. Co 100% dos votos escrutados xa das Eleccións ao Parlamento de Galicia, celebradas onte,  En Marea, PSdG e BNG, suman 84.060 votos e o 56,67% do electorado fronte aos 51.065 votos do PP, que acada o 34,43% dos sufraxios.

Ainda que o Partido Popular segue a ser a forza máis votada, a 6 puntos da segunda, En Marea, a súa porcentaxe de apoio é 13 puntos menor da que conquire o partido no conxunto de Galicia. Curiosamente, en Vigo, onde o socialista Abel Caballero goberna cunha maioría de 17 dos 27 concelleiros da Corporación local, é En Marea a que lidera a ‘oposición’ aos populares, con 10.000 votos menos que eles e 8.000 máis que os socialistas.

Polo que se refire á segunda cidade galega, A Coruña, gobernada por Xulio Ferreiro de En Marea, a suma de esta o PSdG e o BNG é de 60.140 votos, o 48,36% do total, apenas 6.000 votos máis que o PP, que acadou 54.109 e se fixo co 43,52% do apoio na capital.

En Compostela, que ten coma alcalde a Martiño Noriega, tamén de En Marea, a suma dos votos da esquerda é de 24.494, apenas 300 máis que o Partido Popular, que obtivo 24.103, ademáis en porcentaxe a diferencia non chega ao 1%, o 46,17% do PP fronte ao 46,92% das tres forzas de esquerda.

En Ourense, cun alcalde do Partido Popular, a formación de Feijóo e de Baltar adianta aos tres partidos de esquerda por máis de 1.000 votos- os populares teñen 23.783 e En Marea, PSdG e BNG, xuntos, 22.582, cunha porcentaxe do electorado do 42,99 a 40,82% favorabel ao PP.

En Lugo, o PP tamén aventaxa á esquerda, pero por apenas 600 votos, 22.961 dos populares e 22.390 da suma de En Marea, PSdG e BNG, en porcentaxe de apoio, o Partido Popular adianta aos tres partidos de esquerda en 1,2 puntos, un 46,76% fronte ao 45,6.

En Pontevedra, a cidade de Mariano Rajoy, os partidos de esquerda suman preto de 5.000 votos máis que o Partido Popular, 17.839 do PP fronte a 21.350 de En Marea, PSdG e BNG, que en porcentaxe levan o 50,33% do electorado por 42,05% dos populares.

Por último, en Ferrol,  En Marea, PSdG e BNG suman 1.524 votos, 1.400 más que os 15.144 do Partido Popular, quen tivo o apoio do 44,25% dos electores frobte ao 48,28% dos partidos de esquerda.

You may also like