O Partido Animalista (PACMA) foi a forza política que máis medrou nas pasadas Eleccións ao Parlamento de Galicia. En total, e logo de contar os votos do exterior, acadou máis de 15.000 papeletas, preto do dobre das 8.041 que tivo nas mesmas eleccións de 2012.
Fundado hai 13 anos coma un partido antitaurino, o PACMA acadou máis apoio que Democracia Ourensana, que tivo 7.679 votos, Compromiso por Galicia, con 4.030 e foi a sexta forza política do país por detrás de Cidadáns.
O éxito do Partido Animalista non é exclusivo de Galicia, en Euskadi pasou de 4.000 a 8.500 votos e nas últimas Eleccións Xerais, as do 26-J tivo case o mesmo número de votos que o Partido Nacionalista Vasco (PNV), que logrou 284.848-curiosamente o PNV acadou 5 escanos no Congreso dos Deputados unha vez aplicada a xa famosa ‘Ley d’Hondt’.