O Concello farase cargo da expropiación dos terreos para poder acometer a ampliación do Ifevi. Así o asegurou este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que explicou que o Goberno municipal apoiará “a fondo” o proxectos de ampliación.
Para Caballero a nova nave permitirá que en 2017 haxa polo menos 70 empresas máis participando en Conxemar, o que significa “máis asistentes, máis público, máis negociación e unha feira máis importante en Vigo para todo o mundo”.
O rexidor vigués valorou moi positivamente a vontade de todas as partes implicadas na ampliación do recinto ferial para que sexa realidade xa na vindeira edición de Conxemar.