Comarcas Destacados

O Corredor do Morrazo, cortado este sábado para estabilizar un talude

corredor-de-morrazo

A Xunta de Galicia cortará ao tráfico este sábado o Corredor do Morrazo para acometer traballos de estabilización do talude inmediatamente anterior ao viaduto da Moura para garantir a plena seguridade dos usuarios e dos traballadores da obra de desdobramento desta estrada.

Tras as voaduras das semanas pasadas, detectouse que nese noiro o terreo está a reaccionar de maneira diferente ao inicialmente previsto, polo que se decidiu acometer de forma preventiva eses traballos de estabilización.

Para “minimizar a afección ao tráfico” os traballos realizaranse este sábado, “cando habitualmente menos coches circulan por esa vía”, dende a 08.00 horas ata has 20.00 horas aproximadamente.

Ademais, para garantir “a seguridade”, a Xunta continuará coas obras de desdobramento noutros puntos da traza para estudar con detemento a situación do talude e a maneira de actuar sobre el.

O corte de tráfico que se realizará este sábado afectará ao treito do corredor do Morrazo comprendido entre os PK 0+000 e 0+600, polos que os desvíos serán polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-112 ata a PO-551 para o sentido Cangas-Vigo e polo enlace de Rande pola PO-551 en sentido Vigo-Cangas.

Ademais, o vindeiro luns realizaránse novas voaduras noutros puntos da traza que obrigará a realizar cortes de tráfico puntuais en diferentes momentos do día. Estes cortes para voladuras ordinarias estarán debidamente sinalizados e o tráfico regularase de xeito manual.

You may also like