Deportes Galicia

Pontevedra réndese aos deportistas que a representaron en Río 2016

paralimpicos-homenaje

A Deputación de Pontevedra organizou este martes unha homenaxe aos 16 deportistas da provincia que competiron nas Olimpíadas e Paralimpíadas de Río 2016, un acto co que se tratou de “enxalzar” a figura destes deportistas e inaugurar unha mostra que recolle o seu palmarés que se poderá visitar nos vindeiros meses nos 62 concellos pontevedreses.

O acto comezou coa lectura e proxección dos principais méritos deportivos de cada deportista olímpico e paralímpico pontevedrés participante en Río 2016: Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

Cada deportista recibiu un diploma e agasallo antes das intervencións de Teresa Portela e Chano Rodríguez. Portela quixo amosar o seu agradecemento á Deputación “tanto por este recoñecemento como polas achegas ós deportistas de elite e ó deporte en xeral”. Pola súa banda, Chano Rodríguez puxo en valor a exposición promovida pola Deputación porque “os deportistas de alto nivel temos un compromiso social xa que a xente moza se ve reflectida en todas e todos nós, por iso é fundamental que vexan que somos de carne e óso, que estamos hoxe aquí porque detrás hai moito traballo e esforzo”.

También te puede interesar