Os veciños de Caeiro, na parroquia de Cabral, celebran este mércoles, día 12, na Alameda, a XXIX Festa do Polbo, na que milleiros de persoas aproveitaron para degustar este manxar, do que se serviron máis de 700 quilos, en varias receitas, coma ‘A Feira’ ou en empanada, con cachelos, pan e viño.
A música tamén está a ser a protagonista da xornada, que comezou coa actuación da Banda de de Música Atlántida de Matamá, á 1 da tarde, do grupo Amigos do Ritmo e da Banda de Música Las Delicias de Caeiro, que animaron coa súa música ao público, ás 5 e as 6 e media da tarde. Outro dos pratos fortes da festa foi a agardada presenza do grupo de baile Cotorande do Centro Cultural e Recreativo de Cabral.