A Deputación de Pontevedra asinou este mércores os préstamos sen xuros para os concellos de O Grove, Cuntis, Valga e Vilanova que suman máis 750.000 euros para afrontar diversas obras nos seus municipios.
En 2016, por primeira vez a Deputación provincial leva a cabo esta liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios. No anterior Goberno provincial, os xuros se situaban no 2%. Para este ano a Deputación adicou aos concellos 1,5 millóns de euros para estes prestamos sen xuros.
Para o concello de O Grove hoxe se rubricaron dous convenios distintos, ambos correspondentes ao ano 2014, pero ante a imposibilidade de levar adiante as obras que financiaban, o alcalde, José Cacabelos, decidiu solicitar a Deputación a modificación do fin das obras e manter os préstamos. Así se aproba un primeiro anticipo de 150.000 euros que estaba previsto que sufragara un ximnasio para a construción de pistas de padel e a súa cuberta. O segundo, ten un valor de 250.000 euros e muda tamén a súa finalidade, que era para un centro de interpretación de ribeira e acabará financiando obras de saneamento en Estonllo e Reboredo, melloras no mercado e no cemiterio municipal e para a senda entre Virxe das Mareas e Porto Meloxo.
No caso do concello de Cuntis, trátase dun préstamo sen xuros por valor de case 97.ooo euros para arranxos en diversas pistas deterioradas polos temporais de inverno.
O préstamo do concello de Valga tamén é unha modificación do solicitado no 2015. Trátase dun crédito de 65.000 euros que foron pedidos para a pavimentación na estrada EP 8501 entre Valga e Martores e agora adicarase a financiar diversos arranxos dos danos causados polos temporais de inverno.
Por último, no caso de Vilanova o préstamo sen xuros de 200.000 euros está adicado a cumprir coa resolución do 29 de xaneiro de 2016, do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, e afrontar o pagamento de facturas pendentes.