Comarcas Galicia

@En_Marea pide a Fomento que tome medidas para paliar o impacto das obras de ampliación da AP-9 en Chapela

alexandra-fernandez-congreso

A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, pediu este venres ao Ministerio de Fomento que tome medidas para solucionar os problemas de impacto acústico e doutro tipo que están a xerar as obras de ampliación da AP-9 na ponte de Rande, á altura de Chapela.

Estas actuación “están a xerar numerosos problemas na súa convivencia diaria e nas súas casas”, unha situación que veñen denunciando dende hai tempo con protestas, concentracións e manifestacións “sen que teñan recibido resposta activa e positiva por parte de Fomento”.

Un dos problemas máis graves que sofren é o impacto acústico provocado polo constante funcionamento das máquinas durante toda a xornada e que afecta sobre todo ao instituto cercano, onde son continuas as queixas do alunado e dos profesores que destacan as dificuldades para desenvolver unha actividade normal de estudo, segundo explicou.

Ademáis, “a circulación habitual de camións de grande tonelaxe polas estradas tan estreitas do municipio causa temblores nas paredes das casas que á súa vez causa desperfectos pola caída de obxectos ou grietas nas paredes”. Outros desperfectos débense á rotura de tuberías ou de cañerías das canalizacións de auga, “de feito nos últimos meses a veciñanza ficou sen auga durante horas pola rotura de cañerías”.

Fernández trasladou a Fomento as queixas dos veciños e instouno a demandar á concesionaria Audasa solucións e medidas para paliar o impacto e a afectación das obras na convivencia normal dos veciños e veciñas de Chapela.

También te puede interesar