Comarcas

Nigrán confía ao Centro Juan María as labores de recuperación de árbores en Porto do Molle

nigran-arbores-02

O Concello de Nigrán dispón dunha brigada composta por usuarios do Centro de Educación Especial Juan María, en Parada, para comezar esta semana cos traballos de poñer guías nos falsos pimenteros plantados nas beirarrúas do polígono terciario Porto do Molle.

Asimesmo, nos casos en que estas árbores non prenderan ou presentaran graves problemas, o Concello, a través da empresa concesionaria Brocoli, plantará unha nova especie que se adapte mellor ao terreo. “Moitos exemplares están a medrar mal porque carecen de terra suficiente e ímos a tratar de recuperalos con guías, outros hai que replantalos directamente pero será cunha especie máis resistente”, explica o rexedor, Juan González.

nigran-arbores-01

O convenio do Concello de Nigrán co Centro Juan María foi aumentado de 12.000 a 18.000 euros anuais co obxectivo de que a brigada de xardinería que dende hai anos traballa en terreos municipais asumira tamén o mantemento das beirarrúas do polígono de Porto do Molle. “Esta suba do orzamento permite que se leven a cabo, entre outras cousas, os traballos nas árbores”, incide González.

A brigada, integrada por seis persoas, conserva varios espazos verdes municipais, entre eles os xardíns da casa consistorial ou o cemiterio de Parada.

Por outra banda, o Concello de Nigrán encargou tamén ao Centro Juan María a instalación dun peche perimetral de madeira no parque Carlos Casares de A Ramallosa por valor de 1.650 euros e que estará rematado esta semana. O obxectivo do mesmo e evitar os excrementos de cans na area, feito que se denunciara en numerosas ocasións.

You may also like