Sin sección

Devolve os cartos ingresados por Facenda en protesta polo trato aos usuarios galegofalantes

agencia-tributaria-galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un novo caso de discriminación por parte da Axencia Tributaria a todos os usuarios galegofalantes, que se queren empregar a lingua galega nos formularios dispoñibles teñen que redirixilos de novo á marxe dos oficiais.

Nesta ocasión, a Mesa explica o caso dun usuario que se dirixiu en reiteradas ocasións a Facenda nun trámite de devolución para reclamar o seu dereito a que os procedementos dun expediente se realizasen en galego, como recolle o artigo 36.1 da Lei 30/1992.

Ante a “actitude de desprezo e atención discriminatoria” recibida por parte da Axencia Tributaria, o cidadán devolveu o ingreso realizado pola administración tributaria como protesta “pola maneira en que a AEAT trata aos usuarios da lingua galega”. Finalmente, Facenda empregou o galego nun escrito oficial no que asegura que “nas aplicacións corporativas de Recadación non hai posibilidade de que as comunicacións se realicen en galego”.

A Mesa denuncia que a institución “non ten ningún interese nin en cumprir a legalidade nin en dar a mínima opción a usar a lingua propia en trámites que ademais son absolutamente obrigatorios” e califica de “incrible” que alegue falta de medios para non usar o galego.

Dende a Mesa destacan a “actitude galegófoba de Facenda”, que provoca molestias, cargas e trámites innecesarios “só a quen utiliza o galego”.

También te puede interesar