Cultura

As terroríficas obras de Edward Gorey, recollidas nunha exposición en Redondela

redondela-expo

Ata o vindeiro 4 de decembro o Multiusos da Xunqueira de Redondela acolle, organizada pola Biblioteca P. M. Valle-Inclán e a Concellería de Cultura, unha exposición bibliográfica dedicada á figura do escritor e ilustrador norteamericano Edward Gorey.

Culto e excéntrico, Gorey escribíu máis de cen historias de tono macabro pero cunha elegancia e estilo moi coidados que influíu en recoñecidos artistas como, por exemplo, Tim Burton.

Os que se acheguen a esta mostra poderán mergullarse na vida e obra deste creador e, por cortesía de Libros del Zorro Rojo, gozar dunha serie de ilustracións e fotos da vida de Gorey.

Así mesmo pódese contemplar o Edward Gorey’s Dracula: A Toy Theatre, unha pequena escenografía baseada nos seus deseños escénicos e de vestiario para a produción de Broadway  de Drácula en 1977 e pola que gañou o Tony Award, que inclúe 3 escenarios, 8 personaxes, utilería miniatura e un libro coa sinopse da obra que contén notas do mismísimo Gorey.

Con esta iniciativa, o concello tenta promover o hábito da lectura a través dos libros ilustrados, fomentar o sentido estético, coñecer e recoñecer a autores claves do mundo da ilustración, incidir na relevancia que lles corresponde aos ilustradores no mundo da arte e no libro como obxecto de beleza e de exposición

Con estes escaparates bibliográficos pretendese, ademais, gañar para a cultura uns espazos pequenos e, aparentemente, inservibles que, por mor desta actividade, convertéronse, en puntos culturalmente dinámicos. O británico Arthur Rackham pechará esta pléyade de creadores no mes de decembro.

También te puede interesar