A Asociación Veciñal de Teis informa de que, “logo do éxito das mobilizacións do pasado 27 de setembro, do 11 e 25 de outubro”, convoca unha nova manifestación este martes 8 de novembro ás 7 da tarde dende o mercado de Teis.
Os responsabeis da asociación sinalan que “Abel Caballero, impediu que un representante noso intervirá no pleno que se celebra esta mañá, para expor a reivindicación da mellora do autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. A quen ten medo Abel Caballero? A participación veciñal ?, A que se denuncie no pleno a as reivindicacións da veciñanza, como neste caso a mellora do transporte urbano?.”
Os veciños, indica, xa denunciaron este “novo veto” diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo,ao entender que é unha decisión inxustificada e que conculca o dereito a participación cidadá.
“Xa levamos recollidas até o de agora 3.400 sinaturas, para reivindicar do Concello, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro”, engade, e subliñan que dende a apertura do novo hospital, “disto fai un ano”, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano.
A Asociación lembra que a veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate a Casa das Artes, en García Barbón, ara coller o bus H1, ou até os Choróns, para o H2 epoder conseguir un enlace para ir ao novo hospital. “Non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis. A liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos”.
Ademáis, insisten en que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares. “Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital desde Teis”.
Desde a Asociación entenden que debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital desde Teis e que o Goberno local ten que esixir a Vitrasa que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas dos cidadáns.
A Asociación indica que xa solicitou dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, “sen recibir até o de agora ningunha resposta” e repiten a súa proposta: que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos e cunha frecuencia de 30 minutos.