Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más@MareaVigo pide rescatar o servizo de Vitrasa logo da intención da empresa de paralizar o ‘bono metropolitano’
O Grupo Municipal da Marea ven de esixir este mércores que se “lle paren os pes” a Vitrasa xa que ao seu entender a empresa o que pretende e “paralizar o bono metropolitano” dado que se nega a asumir o abono de 0,86€.
O voceiro de A Marea, Rubén Pérez, cualificou de insulto que a unha concesionaria, que debe estar sometida ao control do Concello decida paralizar o bono metropolitano para garantirse aos seus ingresos. Pérez amosouse partidario de estudar xa o “rescate da concesión municipal de transporte” e municipalizarlo.
Nos días pasados o Goberno de Galicia remitiu unha carta ao Concello para que axilizase a integración do transporte municipal no sistema metropolitano e, na mesma, avisaba ao Goberno local de que Vitrasa quería aplicar un custo de 1,32 € nos pagos coa Tarxeta Metropolitana, non 0,86 € que se recollen no convenio asinado polo alcalde Caballero e o presidente Feijóo.