Quen non chora non mama. Iso sabeo ben alcalde de Vigo, Abel Caballero, que non desaproveitou a visita a Madrid para pedirlle á Secretaria Xeral de Industria, Teresa Santero, que a factoría viguesa de Citroën fabrique o coche eléctrico liderando un proxecto no que se pularía a súa utilización, a fabricación, a difusión e a potenciación deste tipo de vehículo. Apelando a que a importación non é o mellor sistema, pide que Vigo sexa a cidade piloto e que lidere un proxecto integral que permita un estudo pormenorizado da viabilidade e das condicións nas que se podería realizar.
Santero e o director do IDAE visitarán Vigo nos vindeiros días por motivos diversos, momento que aproveitará o Concello para volver a por en común unha iniciativa que pretende convertir a Vigo en cidade de referencia no sector do automóbil eléctrico e na reducción de emisións de CO2.