Despois do recital de María do Carme Kruckenberg, ‘Poéticas para unha vida’ continúa esta tarde no Verbum-Casa das Palabras cun recital poético multimedia con Yolanda Castaño a partires das 20 horas.
Unha poética que entra en diálogo con outras linguaxes creativas tratando de explorar novas canles de expresión para o verso. Se o auténtico reto da poesía é adaptarse aos tempos o xénero lírico trascende aquí os seus formatos máis ortodoxos da man do son, do audiovisual ou das novas tecnoloxías. Unha experiencia poétia diferente capaz de captar aos máis versados como aos máis novatos no mundo da poesía.
Tras a poetisa galega chegará o show de poesía escénica da compañía David Fernández a partires das 21 horas. O home de ‘Alambradas’ e ‘Bajo las horquillas del fénix’ preséntasenos como cativo das cidades, alineado nunha sociedade gris, decrépita, subordinada ao deus do capital nun mundo hostil á creatividade e nocivo contra a natureza e coa esencia natural.