Este venres, 18 de novembro, ás 8 da tarde,a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e o BNG de Vigo organiza no Bar Batallón-rúa Martín Códax, 17- un acto feminista titulado ‘Desmontando as violencias simbólicas dos canons de beleza’.
No mesmo falarase de como a imposición dun modelo de muller ideal xera situacións de machismo invisibilizado, e abordarase cal debe ser a nosa posición e a alternativa que as mulleres teñen que defender.
Nel intervirán Jessica Garcia, Responsábel Comarcal de Galiza Nova, e Noa Presas, deputada do BNG no Parlamento Galego.
O acto enmárcase nunha serie de eventos que está realizando Galiza Nova en todo o país con motivo do 25 de novembro, ‘Día contra a Violencia Machista’.