Cultura

O servicio Gaio leva traducidas xa máis de 250 millóns de palabras en pouco máis dun ano

appgaioO servizo Gaio leva traducidas 250 millóns de palabras desde setembro de 2015, cando a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición dos galegos cidadanía esta ferramenta que, ata entón, era de uso de interno da Administración.

Desde entón Gaio recibiu preto de 1,5 millóns de visitas que puideron acceder á tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés ou catalán, entre outros idiomas.

 

En xullo deste ano publicouse a aplicación Gaio, que xa leva 2.400 descargas acumuladas. A app, dispoñible para os sistemas operativos IOS e Android, traslada aos dispositivos móbiles as funcionalidades de GAIO.

A aplicación móbil Gaio, que conta cunha interface moi sinxela e intuitiva, permite a tradución de textos entre galego, castelán, inglés, portugués, francés e catalán. O usuario que descargue Gaio poderá gardar as súas traducións favoritas, enviar suxestións para completar e mellorar os dicionarios de Gaio, configurar os idiomas por defecto e predeterminar se aplicación debe ou non marcar as palabras descoñecidas.

You may also like