En total, 80 persoas atendidas en 62 accidentes de tráfico é o balance final do ocorrido a fin de semana nas estradas galegas, nas que houbo que lamentar un morto. O domingo foi o día negro, con 24 sinistros, case o 39 por cento do total. Pontevedra volveu ser unha fin de semana máis a provincia con máis accidentes, con 32 sinistros, máis da metade dos ocorridos. Séguelle A Coruña con 15 accidentes, Ourense (8) e Lugo (7). O 53 por cento dos accidentados foron homes e o 46 por cento tiña entre 15 e 29 anos.
Dentro das actuacións, 67 feridos foron trasladados aos centros hospitalarios, en dúas ocasión a un centro de saúde e 10 foron atendidas no propio lugar do incidente. Un faleceu no mesmo lugar do sinistro.