Comarcas

Nigrán instala novos lombos e pasos elevados por valor de 21.600 euros

O Concello de Nigrán, a través da empresa Covsa, iniciou esta semana a instalación de tres lombos, dous deles na rúa do Ceán e un e Nespereira, ademáis de cinco pasos de peóns sobreelevados en Costa da Barxa (Panxón), Camiño do Labrego (Nigrán), Ana Isabel Costas (San Pedro), Mestra Emérita e Caranquexo (Priegue).

O obxectivo de ambas medidas, nas que se inviste un total de 21.598 euros de fondos propios, é a mellora da seguridade vial, xa que se ubican en estradas onde os vehículos sobrepasan reiteradamente os límites de velocidade, circunstancia que denunciaran os veciños en numerosas ocasións.

Con esta medida, o goberno municipal volve a facer fincapé na necesidade de outorgar prioridade máxima aos peóns, que deben poder desprazarse con naturalidade nunha contorna segura.

Nesta liña, recentemente se reubicaron os pasos de peóns do cruce Val Miñor co obxectivo de gañar non só en seguridade senón tamén en accesibilidade. Ademais, instalaronse varandas en lugares con desniveis, acadouse o pintado de pasos de peóns claves e aos situados no núcleo urbán dotóuselles de son intelixente para persoas invidentes..

You may also like