A Asociación de Veciños de Teis dirixiuse ao longo deste ano a Concellaría de Fomento por escrito “en varias ocasións”, reclamando o asfaltado de varias rúas e camiños, “debido o mal estado de conservación do firme, sen até o de agora recibir ningún tipo de resposta”.
A Asociación, demanda o asfaltado da avenida de Dona Fermina, Camiño do Paraixal, rúa Julian Estevez, Avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos e Purificación Saavedra, incluíndo o estacionamento público.
“Hai que denunciar que no caso da avenida de Dona Fermina e o camiño do Paraixal, xa o Goberno municipal, anunciou o seu asfaltado o 7 de xaneiro de 2015. Despois de case dous anos, aínda estamos agardando, polo asfaltado destas vías”, sinalan os responsábeis da asociación.
Polo que atangue ao estacionamento público da rúa Purificación Saavedra, subliñan que presenta un “número importante de fochancas de gran tamaño”, situación que xa fora denunciado en varias ocasións neste ano. “Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía”.
Por último, a Asociación de Veciños considera que é necesario a elaboración dun plan para o asfaltado dos camiños e rúas de Teis, que inclúa como mínimo os vías indicados entre outros.