O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo cualificou 2016 coma un “ano negro para a democracia municipal” polas normas aprobadas polo goberno da Abel Caballero que engaden moitas dificultades ao traballo que fai a oposición municipal.
Rubén Pérez salientou que o novo regulamento municipal é “un insulto para a democracia participativa” e instaura a figura do “alcalde franquista” fronte ao código de boas prácticas que impulsa a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside Abel Caballero, e que aposta por “menos alcalde e máis concello fronte ao que se fai en Vigo que quere que o Pleno teña menor valor”.
Pérez amosouse contrario das medidas aprobadas polo Goberno local de adiantar o pago da débeda do Concello que, asegurou, nos pasados anos, supuxo un montante de 43 millóns de euros.
A xuízo da Marea, o equipo de Caballero tampouco fixo nada para superar a anulación do Plan Xeral e para elaborar outro novo, algo que asegurou é algo intencionado xa que “o alcalde non ten vontade de ter outro Plan ata despois das vindeiras Eleccións Municipais”.