Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
O deputado Abel Losada propón melloras para Vigo por un total de 19 millóns nos orzamentos da Xunta para 2017
O deputado Abel Losada ven de presentar as emendas aos Orzamentos previstos polo Goberno de Galicia para Vigo neste 2017. En conxunto o deputado socialista propón melloras e investimentos na cidade por importe de 19 millóns.
Entre elas hai una partida de 6 millóns para o arranxo de tres estradas que son competencia da Xunta, as de Florida, Castrelos e Ricado Mella; 2 millóns para o desenrolo da Área Metropolitana; 1,5 millóns para converter en tramo urbano libre de peaxe o treito da AP-9 entre Bos Aires e o centro de Vigo; 1,2 millóns para a Cidade do Mar; 1 millón para o Centro de Saúde de Bouzas ou 350.000€ para un convenio de transporte público a Peinador, semellante ao que xa existe en Santiago.
Ademais, Losada engade outras partidas relacionadas coa investigación ou a internalización en sectores da importancia do naval, a aeronáutica, a biotecnoloxía, o granito ao a automoción.