A Asociación Veciñal de Teis reaizará este mércores,día 4 de xaneiro, ás 11:15 horas, un acto simbólico na súa reclamación dunha liña de Vitrasa que comunique a parroquia co Hospital Álvaro Cunqueiro.
Membros da xunta directiva da asociación, levaran até o Concello a replica dun autobús e presentarán no Rexistro municipal unha solicitude para manter unha xuntanza co alcalde e a concelleira de Transporte, “diante da falta dunha solución a reivindicación veciñal da mellora do transporte en autobús dende Teis ao hospital”.